NOIA> Os mariscadores de Noia volveron esta mañá ó traballo no inicio dunha campaña que comezou mellor do agardado. Abonda a ameixa xapónica e o berberecho de terceira e cuarta polo que non tiveron dificultades para coller os topes en menos de dúas horas.
Tralo desastre da campaña do pasado ano que durou apenas dez días, os mariscadores de Noia volvía esta mañá con cautela a faenar. Unha vez no mar comprobaron que o estado dos bancos era incluso mellor do agardado con abundante berberecho de terceira e cuarta e ameixa xapónica.
A pesar das chuvias das últimas semanas e da baixada da salinidade que provoca o baleirado do encoro do Tambre, o marisco resistiu e non se rexistrou apenas mortaldade. Afectou máis ós areais que ós bancos de a flote.
A pesar de que esta primeira xornada chama ó optimismo dende a confraría son aínda prudentes á hora de valorar como evolucionará a campaña. Iso sí, agardan que se alongue polo menos ata despois do Nadal para aproveitar a alza da demanda e dos prezos durante esas datas.