As áreas de lecer da Pobra lucirán a súa mellor cara este verán

    POBRA> O concello da Pobra está a acometer unha serie de melloras para poñer en valor as áreas de lecer de cara ó verán. Unha das actuacións xa rematadas é a do Río Morto no que, ademais da limpeza e acondicionamento do mobiliario urbano, se plantaron dezaseis árbores ó principio do paseo. Tal e como anunciara xa hai meses o executivo pobrense, as principais áreas recreativas do municipio están a ser obxecto de melloras ante a inminente chegada do verán. É o caso do paseo do Río Morto que xa loce a súa mellor cara tralas tarefas de limpeza e acondicionamente así como a repoboación forestal despois de que as árbores resultaran danadas. O concello está tamén a intervir noutras áreas como o paseo da Illa ou da Pedra da Moura nos que se procedeu a substituír as táboas de madeira nos treitos máis deteriorados. A brigada de obras tamén traballa na limpeza das zonas rurais coa previsión de que tódalas actuacións queden rematadas ó longo deste mes.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí