Gadis refrenda o seu compromiso coa vela

121

RIBEIRA> Esta mañá presentábase nas instalacións do Club Náutico de Ribeira a décimo segunda edición da Regata Gadis. O calendario de regatas na ría de Arousa terá un novo chanzo este próximo sábado coa disputa da Regata Gadis. Unha cita, organizada polo Club Náutico de Ribeira, que chega este ano á súa décima segundo edición. A proba reunirá ó redor dunhas vinte embarcacións pertencentes a distintos clubs náuticos da zona. Os grupos en competición serán, como de costume: regata, cruceiro-regata e cruceiro. A organización ten contemplado para ese día ata un total de nove percorridos do que sairá un en función das condicións metereolóxicas. A regata volverá a contar co patrocinio da empresa Gadis, que un ano máis mostra o seu compromiso con este tipo de probas deportivas. A competición arrancará ó redor das dúas da tarde e a entrega de trofeos está prevista para as sete.