A Deputación mellora as travesías da Serra e San Cosme

    OUTES> A Deputación da Coruña investirá cento sesenta mil euros na humanización da travesía da Serra e de San Cosme. A empresa SYR-AMG executará a humanización das estradas provinciais ó seu paso polos núcleos da Serra e San Cosme. Na primeira delas, as obras consistirán na construción de beirarrúas ó longo de máis de setecentos metros na estrada provincial. Ademais da execución das sendas para incrementar a seguridade dos peóns procederase á renovación da rede de saneamento coa instalación de cincocentos metros de tubaxe, trece pozos de rexistro e vinte e catro arquetas. A actuación, orzamentada en cento sesenta e tres mil euros, inclúe tamén a dotación de trece novos puntos de alumeado e reforzo da sinalización de tráfico. Complementarase coa dotación de mobiliario como bancos de madeira, vinte metros de varanda metálica e catorce de bionda. En San Cosme, canalizaranse preto de trescentos metros de tubaxe e instalaranse doce arquetas con sumidoiro e un pozo de rexistro. O prazo de execución dos traballos será de seis meses.