Noia acollerá esta fin de semana a XXXV edición da Copa Galicia de Voleibol

NOIA> Na competición, que se desenvolverá este sábado no pavillón municipal, participará o Boiro Voleibol, coma único representante da comarca. Vinte e cinco anos despois, a Copa Galicia de Voleibol volverá desputarse en Noia Este sábado, catro dos mellores equipos galegos tomarán parte na competición. As semifinais darán comezo ás dez da mañá mentres que a final e a entrega de premios disputaranse pola tarde, a partir das seis e media Os encontros celebraranse no pavillón municipal que, tralo acordo unánime da corporación, pasará a levar o nome de Agustín Mourís, concelleiro socialista recentemente falecido.