Preto de noventa prazas galegas súmanse á campaña ‘Quere o teu mercado’

    RIBEIRA> Máis de oitenta prazas de Galicia veñen de sumarse á campaña ‘Quere o teu mercado’ que se está a desenvolver con éxito noutros países. A intención da Xunta, que financia a iniciativa, é fidelizar clientes nos mercados tradicionais. A praza de abastos de Ribeira foi o escenario elixido para presentar o programa ‘Quere ó teu mercado’. Trátase dun proxecto internacional que busca potenciar o comercio de proximidade ó que Galicia vén de sumarse coa incorporación de oitenta e tres mercados. Cada mercado participará con diversas iniciativas acollendo actividades de dinamización para atraer novos clientes, poñendo en valor o contacto directo e a calidade dos produtos. Ademais, tódalas prazas desta rede están incluídas nunha aplicación para móbil na que se pode obter información detallada sobre servizos e horarios e mesmo acceder á venda electrónica para aquelas que a teñan habilitada. A campaña finalizará o 28 deste mes cunha gran festa de clausura na que tódolos mercados celebrarán actividades lúdicas.