‘Se non son secretario provincial, non quero ningún outro cargo’

    caabelos copia.jpg PONTEVEDRA> O socialista meco José Antonio Cacabelos aspira a suceder a Modesto Pose na Secretaría Xeral do PSOE provincial.

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATURA_CACABELOS_060612.flv{/flowplayer}

    Era un dos nomes que máis viña soando para presentarse como candidato a suceder a Modesto Pose no vindeiro congreso do PSOE pontevedrés. O seu e o do alcalde de Caldas Juan Manuel Rey. Agora é oficial. José Antonio Cacabelos, voceiro do Partido Socialista do Grove e ex rexedor meco vén de presentarse como aspirante a ocupar a Secretaría Xeral do partido a nivel provincial. Asegura que é unha idea na que leva a traballas desde hai tempo porque considera que o partido precisa unha renovación para recuperar a confianza dos votantes. Desbota os cargos que ó parecer lle está na ofrecer nos últimos días dentro da formación. A súa vontade é construír o PSOE do século XXI.

    Segundo Cacabelos, o Partido Socialista precisa dunha renovación urxente. Redefinir o seu proxecto político e achegarse ó cidadán. A súa principal aposta: o municipalismo.

    Estas serán as ideas que defenda o sábado durante a celebración do congreso. Cacabelos aproveitou a comparecencia para cuestionar a propia organización e convocatoria do evento –amósase máis partidario dun proceso de primarias- e critica que se estea a plantear como unha sondaxe de cara as eleccións autonómicas.

    A súa candidatura xa lla comunicou tanto ó secretario xeral Pachi Vázquez, coma ó provincial Modesto Pose. Tamén se puxo en contacto cos seus contrincantes, polo de agora Héctor Cores, Luis Piña e o propio Juan Manuel Rey. A eles envíalles unha mensaxe: se non sae elixido secretario provincial, non quere ningún outro cargo. Quedará como un militante máis.

    Redacción Salnés