Unha peregrinación nocturna reivindicará a Noia como ‘Portus Apostoli’

    NOIA> O concello de Noia dá un paso máis na consecución do recoñecemento oficial do seu camiño xacobeo. O vindeiro once de xuño desenvolverase unha nova peregrinación ata a Catedral de Santiago para reivindicar o lugar histórico da vila como Portus Apostoli. Unha andaina nocturna entre Noia e Compostela servirá para reivindicar o recoñecemento da vila como portus apostoli. Dende hai unas anos, o concello e outra entidades como Noia Histórica ou a asociación de amigos do camiño retomaron os esforzos para conseguir a homologación oficial do camiño inglés que discorre por varios municipios da comarca. Esta peregrinación é un máis dos actos simbólicos que buscan este recoñecemento, non só polo seu valor patrimonial e cultural, senón tamén pola importancia turística. Esta peregrinación que partirá á unha e media da madrugada da praza do Tapal sumarase á expedición do arciprestazgo de Postmarcos de Arriba que tamén congregará a fieis de dezaoito parroquias na praza do Obradoiros para asistir a continuación á misa do peregrino. Os interesados en participar na peregrinación nocturna deberán inscribirse previamente no concello ou nas oficinas de Noia Histórica. Tódolos asistentes recibirán unha credencial que será cuñada á saída na igrexa de San Martiño e na oficina do peregrino á súa chegada a Compostela.