Bará aposta por debater coas demais forzas durante a campaña

PONTEVEDRA> A un mes das eleccións xerais do vindeiro 26 de xuño, o BNG-Nós Candidatura Galega prepara unha campaña para apelar ás emocións e que lles consiga representación no Congreso. Segundo explicou o seu número 1, Luis Bará, os nacionalistas apostarán por unha campaña asentada no territorio e marcada polo diálogo cos sectores. Ademais, buscarán o debate coas outras formacións políticas, para poder contrastar as súas propostas.

 

Para as eleccións do 26 de xuño, o BNG-Nós Candidatura Galega afronta a campaña buscando mudar o resultados dos comicios do mes de decembro, que os deixou sen representación no Congreso. Agora, con Luis Bará como número 1, queren voltar con máis forza.

Por iso preparan unha campaña asentada en Galicia, buscando o diálogo cos diferentes sectores e o debate coas demais forzas políticas.

A súa intención é mobilizar aos desencantados co que sucedeu estes meses en Madrid de lexislatura fallida. Por iso, apelarán ás emocións dos votantes.

Para esta cita coas urnas, o BNG recupera o seu nome na candidatura, fronte ao Nós con que concorreron no mes de decembro.

Xunto a Bará compareceu esta mañá a número un dos nacionalistas no senado, a triatleta Alba Cuba.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/25/almorzo_informativo_bara.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/25/almorzo_informativo_bara.mp4{/flowplayer}