Poio rende homenaxe a Cristóbal Colón

POIO> Poio rendeu homenaxe a Cristóbal Colón. O municipio viviu dous días de intensa festa, arredor da teoría da procedencia galega do navegante. A chegada da Nao Santamaría a Combarro marcou o inicio destes festexos, cunha programación variada para toda a familia. O Día de Colón supón tamén un importante retorno económico, con moitos restaurantes de Combarro e do resto do concello colgando durante esta fin de semana o cartel de ‘completo’.

A chegada da Nao Santa María con Colón e a súa tripulación marcou un ano máis o arranque dos festexos en Poio do Día de Colon. A vila volveu render homenaxe ao navegante con dous días de festa, centrada na teoría da súa orixe galega e, en concreto, desta vila. O evento vai moito máis alá, buscando a implicación da veciñanza e participantes.

Porque salientan dende o concello esa é outro dos grandes piares do evento, cun importante retorno económico e con moitos establecementos hostaleiros de Combarro e do resto do municipio colgando o cartel de ‘completo’ durante esta fin de semana. O alcalde salienta a implicación do sector.

Ángel Moldes salienta tamén o retorno social e cultural que ten tamén este evento, con multitude de propostas pensadas para toda a familia, grazas tamén á colaboración de diferentes colectivos. Durante a edición deste ano puidemos gozar de bailes ou a xusta medieval, exhibicións de cetrería, espectáculos de lume, obradoiros, xogos ou teatro de rúa.

O escritor Rodrigo Costoya Santos, autor de “Portosanto”, foi o encargado de dar lectura este ano ao pregón.