Lores pide a Rajoy que non conceda a prórroga a ENCE co ‘goberno en funcións’

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra insiste na súa loita contra a continuidade de ENCE na ría. Trala xunta de goberno local, o voceiro do goberno informou de que o alcalde escribira unha carta ao presidente do executivo estatal pedindo que non conceda a prórroga á pasteira. Para Miguel Anxo Fernández Lores, a decisión hipotecaría o futuro da cidade, e non debe tomala un goberno que cualificou en funcións.

 

O alcalde de Pontevedra mantén a súa loita contra ENCE. Nunha carta dirixida ao presidente do goberno Mariano Rajoy, Miguel Anxo Fernández Lores esíxelle que non outorgue a prórroga á pasteira, que lle permitiría continuar en Lourizán.

Fernández Lores recorda a transcendencia desta decisión. Argumento que emprega para defender que non debe ser adoptada por un goberno en funcións.

Ademais, o alcalde capitalino defende que os actuais donos da factoría coñecían o prazo de caducidade da licenza, e considera que unha prórroga suporía un agravio comparativo con outros empresarios.

Na carta, Fernández Lores defende ante Rajoy que a empresa ten tempo de abandonar Lourizán antes de 2018 e buscar unha localización alternativa fóra da ría de Pontevedra, ademais de facer os cambios tecnolóxicos que sexan precisos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/14/xunta_goberno_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/14/xunta_goberno_pontevedra.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí