POIO> Continúa a polémica pola expulsión do Pleno do voceiro do PSdeG de Poio. Gregorio Agís cre que houbo abuso de autoridade por parte do alcalde cando decidiu botalo da sesión. O socialista avanza que tomarán medidas para esixir que a súa labor de oposición se poida cumprir, como recorrer ao Defensor do Pobo. Pola súa banda, Ángel Moldes, advirte que non lle consentirá a Agís que de forma sistemática falte ao respecto aos concelleiros do goberno local.
A polémica pola expulsión do voceiro do PSdeG de Poio segue dando que falar. Esta mañá foi o propio Gregorio Agís o que comparecía para critica-la decisión do alcalde popular. O socialista insiste en que el tiña dereito a intervir e que foi o alcalde o que non cumpriu as normas que rexen o Pleno.
Unhas críticas que Moldes rexeita. Preguntado por Canal Rías Baixas, o rexedor di que as faltas de respecto, insultos e interrupcións son habituais por parte do concelleiro socialista.
Os sociliastas van un paso máis alá nesta polémica e avanzan que van tomar medidas para esixir que a súa labor de oposición se poida cumprir.
Agís aproveita tamén para cargar contra o goberno popular acusándoo de escuro e pouco transparante.
O alcalde responde lembrando que o anterior goberno local foi o único que asinou tres decretos para que a oposición non puidese acceder a información











