Modificación puntual da ordenanza de veladores, horario único de 9:00 a 1:30

Pontevedra> O concello de Pontevedra avanzou esta mañá a modificación puntual do regulamento de veladores. Unha modificación que propón un horario único de terrazas de 9:00 da mañá a 1:30 da noite. As sanción por incumprimento poden ir dos 300 aos 3000 euros. Se todo segue segundo o previsto, para este Nadal, xa podería entrar en vigor esta modificación puntual. O concello de Pontevedra presentou hoxe, despois de moitos meses de encontros con hostaleiros e veciños, a modificación puntual da ordenanza de veladores, a principal e máis agardada modificación pasa polo horario que se propón como único para todos os establecementos de 9:00 a 1:30 Outra das novidades que introducen é que este horario poderá ser modificado de xeito puntual e aprobado por alcaldía ou pola Xunta de Goberno, de xeito que ademais de na Feira Franca e nas Festas da Peregrina, os establecementos poidan contar cun horario máis amplo en festexos como o Androido o o San Xoan. Unha modificación puntual que traerá consigo sancións por incumprimento de entre 300 a 3000 euros, o concello terá a posibilidade de intervir naquelas zonas onda poida haber conflito, como nas prazas da cidade. E con esta modificación o concello deuse conta da necesidade de crear unha nova ordenanza de usos de espazos públicos no concello de Pontevedra a nivel global. A concelleira de Promoción Económica non é moito de dar datas, pero se todo segue segundo o previsto nas vindeiras semanas manterán encontros cos hostaleiros, asociacións de veciños, presentaránlle o proxecto de modificación puntual á oposición e de cara o Nadal xa debería estar lista e en vigor este cambio puntual.