Máis de 200 participantes na Marcha Cicloturista do Club Lobeira

VILAGARCÍA> O Club Ciclista Lobeira ten esta fin de semana a súa cita máis importante do ano. O domingo celébrase a súa Marcha Cicloturista, unha proba federada que xa cumpre 21 anos. Máis de 200 persoas percorrerán un circuíto de 100 quilómetros polo Salnés, incluíndo dous portos estrela: a Armenteira polo Castrove e a subida a Lobeira.

 

Este domingo ás 9 e media da mañá Fexdega repetirá como punto de saída da vixésimo primeira edición da Marcha Cicloturista do Club Ciclista Lobeira. Unha proba veterana que repite o circuíto que estrearon na pasada edición.

A organización prevé que participen máis de 200 ciclistas federados, atraídos polo seu circuíto e pola súa experiencia.

A pesares de ser unha marcha cicloturista, dende o Club de Lobeira advirten da dureza dalgúns puntos do trazado. De aí que recomenden que os participantes teñan experiencia sobre a bicicleta.

Finalizada a proba de volta en Fexdega, farase entrega de varios recordos, como ao club máis numeroso e ao máis lonxano, ou ao participante máis novo e ao máis veterano.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/27/previa_marcha_cicloturista.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/27/previa_marcha_cicloturista.mp4{/flowplayer}