Tódolos equipos do Salnés sumaron algo positivo

futbol250_170308.jpgSALNÉS > Balance de dúas victorias e dous empates, o máis salientable o de Baltar, onde un Portonovo con moitas baixas puido sacarlle un punto ó lider Cidade de Santiago.

A victoria máis holgada foi a do Arousa ante o Alondras, por 3-1. Adiantouse o equipo cangués pero Roberto en dúas ocasións e Chiño certificaron a victoria vilagarcián. Tres puntos que serven para poñer tranquilidade de cara ó tramo final de liga.

Tamén gañou o Vilalonga na Pinguela ante o Lemos cun solitario gol de Saúl no minuto 41. Dados os resultados das últimas semanas nos que picaron os equipos da parte alta e gañaron os de abaixo, agora os de Josiño Abalde sitúanse a seis puntos da cuarta praza, polo que aínda existe a posibilidade de xogar playoff.

Nunha situación ben diferente, escapando do descenso, atópase o Portonovo, que onte sumou un punto ante a visita do líder Cidade de Santiago. Os dous goles do partido chegaron a balón parado, primero o dos composteláns no minuto 37 por mediación de Evaristo, e xusto antes do descanso empatou de Álex Rodríguez. Bo partido dos de Piscis, que agora teñen tres puntos de marxe co descenso.

Tamén estaría salvado a día de hoxe o Céltiga que onte empatou tamén 1-1 co Pontevedra B. Nun partido con moitas alternativas e ocasións, os de Manuel Núñez adiantáronse no 15 da segunda metade cun golazo de vaselina de Peloto. Tiveron o 0-2 pero Edgar non concretou e prácticamente na xogada seguinte empataba Kelvin.

Destacar tamén en Preferente Autonómica os empates sen goles de Ribadumia ante Ponte Ourense e Unión do Grove co Gondomar.

Redacción Salnés