RIBEIRA> Esta mañá presentábase en Ribeira unha nova iniciativa solidaria. Trátase da primeria edición da Andaina ‘Un raio de Luz’, organizada polo colexio Galaxia, en colaboración co Concello.
A actividade terá lugar o domingo 17 de marzo. Con saída prevista ás once da mañá dende a praza de España.
Todo o recadado irá en beneficio da Asociación Galega da Enfermidade de Dent para poder sufragar os gastos de investigación desta doenza.
Dende a entidade organizadora destacaron a boa acollida que está a ter esta iniciativa. A falla aínda de varios días para o peche das inscricións xa van polas 600 persoas.
As inscricións na proba poden realizarse nas instalacións do propio colexio Galaxia, ou a través da páxina web de depor ticket ata o día 14.
O custe será de tres euros para menores de doce anos, e de cinco a partir desa idade.
Tódolos inscritos recibirán unha camiseta oficial da andaina, co lema da Asociación, grazas tamén ó patrocinio, ademais do colexio, das empresas Congalsa, Fripalsa, A Poutada e Jim Sports











