Louzán inaugura o remodelado campo de Baltar

inauguracion_baltar100.jpgSANXENXO> O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, inauguraron onte pola tarde o remodelado campo de fútbol de Baltar, na parroquia de Portonovo. No acto tamén estiveron os presidentes do Club Xuventude Sanxenxo e da S.D. Portonovo.

{flowplayer}images/salnes/inauguracion_campo_baltar.flv{/flowplayer}

SANXENXO> Un amigable entre o Sanxenxo e o Portonovo serviu onte para estrear o recen remodelado campo de fútbol de Baltar. Unha actuación que custou máis dun millón de euros, financiados nun 75 por cento pola Deputación de Pontevedra e o resto polo Concello de Sanxenxo.

Onte pola tarde foi a inauguración, a cargo do presidente provincial Rafael Louzán e da alcaldesa Catalina González. Con este xa son once os campos de herba sintética feitos pola Deputación no Salnés.

No acto tamén estiveron os presidentes da S.D. Portonovo, Óscar García e do Club Xuventude Sanxenxo, Manuel Veiga. Louzán aproveitou para felicitar a este último polo ascenso a Terceira División e desexou que o Portonovo poida facer o mesmo agora que conta coas instalacións que merece.

En canto ás obras, a Deputación encargouse do céspede artificial, da ampliación das explanadas, da demolición da grada vella, da construción dun muro. Tamén fixo os vestiarios e pavimentou o perímetro do campo. Pola súa banda, o Concello construíu as novas gradas, con aforo para 600 persoas, e adecuou o peche e o entorno do campo.

Redacción Salnés