Noia implanta un sistema que impide a captación de auga turbia

    NOIA> O goberno noiés segue dando pasos para acabar cos problemas de turbidez da auga. A última actuación consistiu na instalación dunhas sondas na rede de abastecemento que detectan e cortan o subministro no caso de detectar problemas. O alcalde noiés explicou o funcionamento destes dispositivos que permitirán que a auga turbia chegue as vivendas ó cortar a captación nos casos en que detecte altos niveis de nitróxeno. Deste xeito, péchanse as válvulas de paso evitando que a auga turbia entre nos depósitos. Mentres tanto, o subministro está garantido grazas ó reservorio municipal ou os bombeos de Vilacova que veñen de ser mellorados. Paralelamente, a Consellería traballa xa nos trámites para a construción dun novo depósito cunha capacidade de tres mil metros cúbicos que permita garantir o abastecemento de auga con total normalidade. Prevese que a redacción do proxecto estea remata en agosto co que o proxecto podería estar adxudicado antes de que remate o ano