AMBAR desenvolve na Pobra un programa de emprego para mulleres

A POBRA> Arranca na Pobra o programa de emprego para mulleres promovido pola asociación AMBAR. Ata o 4 de agosto, as participantes recibirán orientación laboral personalizada en grupos reducidos para facilitar a súa incorporación ó mercado de traballo.

Este mércores tiña lugar a primeira sesión do programa de emprego para mulleres que vén de poñer en marcha a asociación AMBAR. Inicialmente foron cinco as participantes seleccionadas nesta acción formativa que busca a inserción laboral a través de orientación personalizada en casa caso.

Ademais das sesións grupais que se desenvolverán cada mércores, as participantes terán sesións individuais coa responsable do programa para así elaborar itinerarios individualizados cara empresas obxectivo.

O programa está financiado pola Xunta de Galicia e conta co apoio do concello da Pobra que colabora na organización cedendo ademais as instalacións do coworking para o seu desenvolvemento.erto

O curso rematará o día 4 de agosto e a medida que se vaia conseguindo a inserción laboral dalgunha das participantes incorporaranse aquelas aspirantes que quedaron en lista de agarda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí