A Xunta investirá 50.000 euros en mellorar o colexio de Mosteiro

    MEIS> A Xunta de Galicia investirá uns 50mil euros no CEIP de Mosteiro. Uns cartos que servirán para arranxar as ventás e adecentar os servicios do ximnasio. Así o anunciou esta mañá o delegado da Xunta na provincia, José Manuel Cores Tourís. 

     

    Os alumnos do colexio de Mosteiro, pertencente ao concello de Meis, comezarán o vindeiro curso escolar con ventás novas eos servicios renovados. 

    Educación investirá preto de 50.000 euros que forma parte dun Plan da Xunta para mellorar os centros educativos da provincia. 

    As obras está previsto que comecen nas vindeiras semanas para que esté listas de cara o curso que ven. Estas melloras foron anunciadas polo delegado da Xunta en Pontevedra e o xefe territorial de Educación. Ambos estiveron acompañados na súa visita polo alcalde de Meis. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/14/touris_colexio_meis_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/14/touris_colexio_meis.mp4{/flowplayer}