Uns trescentos xadrecistas participarán na oitava edición do Torneo Internacional Distribunosa

PADRÓN> A cita, organizada polo Club Xadrez Padrón, será este próximo sábado no Hotel Scala. Ó redor duns trescentos xadrecistas tomarán parte este próximo sábado no Hotel Scala de Padrón na oitava edición do Trofeo Internacional Distribunosa. A competición que incluirá tamén un torneo de promoción para as categorías sub-8, sub-10, sub-12 e sub-14, está organizada polo Club Xadrez Padrón, en colaboración coa Federación Galega de Xadrez. Segundo explicou o xerente da firma organizadora, Manuel Castaño, a cita co paso dos anos estase a converter nun referente, ó que acoden os mellores profesinais deste deporte, non só da nosa comunidade, senón tamén de nivel nacional e internacional coa presenza de varios grandes mestres. Un dos aspectos máis significativos deste torneo é o importante volume dos premios, ó que se destinan uns dous mil euros, para as categorías absolutas, e trofeos e outros obsequios para as categorías menores. O torneo xogarase seguindo o sistema suizo a ocho roldas con ritmo dez minutos máis cinco segundos por xogada. As partidas desenvolveranse de xeito ininterrompido dende as 10.15 da mañá ata as sete e media. As inscricións poderán realizarse ata o próximo xoves, a través do correo electrónico trofeodistribunosa@gmail.con ou no teléfono 686 938 024.