O Hospital do Salnés presenta a Unidade de Hospitalización a Domicilio

    hado100_130308.jpgVILAGARCÍA > O Hospital do Salnés presentou hoxe a Unidade de Hospitalización a Domicilio, coñecida como HADO.

    Á fronte deste servizo están unha médica e dous enfermeiros que cubrirán a área de Vilagarcía e a residencia Xeriatros de Ribadumia. A unidade depende funcionalmente de Urxencias e permitirá ó paciente, se quere, continuar co tratamento na súa casa e cos mesmos coidados que se estivese no hospital.

    Está pensado para persoas con afeccións pulmonares crónicas, con insuficiencia cardíaca, pneumonías que precisarían dun ingreso prolongado, ou para cirurxías de alta precoz, caso dunha apendicite, que facilitaría un post – operatorio na casa. Tamén para os que precisen de coidados paliativos.

    As condicións do domicilio e da familia tamén se terán en conta, xa que se precisa dun coidador. Para eso ofrécese unha educación sanitaria. Unha situación que beneficia a tódalas partes. O horario da asistencia sanitaria de HADO será polas mañás de oito a unha, e a asistencia telefónica será ata as 8 da tarde. O servizo prestarase de luns a venres.

    Redacción Salnés