Boiro ofrece náutica adaptada para persoas con diversidade funcional

BOIRO> A Marina de Cabo de Cruz, en Boiro, acollerá as Xornadas de Náuticas Adaptadas, coas que se pretende fomentar o deporte e ao mesmo tempo garantir o acceso ao mesmo ás persoas con discapacidade. As xornadas, que buscan integrar ás persoas con discapacidade nos deportes acuáticos, desenvolveránse entre o 6 e o 9 de xullo. Inclúen actividades como a vela, motonáutica e turismo pola ría, todo en embarcacións adaptadas e accesibles. Como novidade respecto do ano pasado, o sábado día 9 celebraráse o Trofeo de Slalom integrado. As xornadas, organizadas pola Asociación Ambar e o club Adeco-Dea, son unha mostra máis da aposta de Boiro pola promoción de actividades de integración. Juan José Dieste destacou tamén a oportunidade das familias dos participantes para desfrutar eses días da nosa rías e o noso entorno, ademáis de animar a tódolos interesados a apuntarse.