VILAGARCÍA> Representantes do sindicato de Enfermería, SATSE, estiveron este venres, en Vilagarcía, recollendo firmas coas que reclamar un número máximo de pacientes por cada enfermeiro ou enfermeira e ofrecer unha atención sanitaria de calidade.
Esta era a mesa que puideron ver todos os que se achegaron ata o centro de saúde de San Roque, en Vilagarcía. O sindicato de enfermería SATSE saíu a rúa para reclamar que se garanta por lei un número máximo de pacientes por cada enfermeiro ou enfermeira e garantir unha atención de maior calidade.
As delegadas de SATSE en Pontevedra estiveron presentes para proceder a recollida de firmas. Uns papeis que deben recoller o apoio de 13.000 persoas, e cos que poderán apelar ao Congreso dos Deputados para ue debatan unha Iniciativa Lexislativa Popular coa que garantir por lei ese número máximo de pacientes por cada enfermeiro ou enfermeira.
O SATSE estivo primeiro en San Roque de 10 a 12 e das 12:30 as 14h estivo as portas do Hospital de O Salnés.
Inicio crb