{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/27/vehiculo_sen_condutor_csic.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/27/vehiculo_sen_condutor_csic.mp4{/flowplayer}
SANXENXO> A automoción foi a protagonista en Sanxenxo. O IES de Vilalonga acolleu onte e hoxe o Foro de Innovación Tecnolóxica neste eido, que nesta edición estivo dedicado á condución autónoma. Por iso Platero, un prototipo de coche sen condutor, foi a estrela das xornadas.
Cando vemos a Platero, non hai nada que destaque.
Por fóra, é un vehículo totalmente normal pero basta miralo cun pouco de atención para darnos de conta de que é o que o fai diferente.
Platero foi a estrela do Foro de Innovación Tecnolóxica en Automoción. Onte demostrou as súas capacidades na pista do París-Dakar, en Major.
Foron moitos os curiosos que non quixeron perderse a demostración, pero dous foron os protagonistas. Dous rapaces cegos do centro da ONCE en Pontevedra.
O Centro Superior de Investigacións Científicas traballa dende 1996 neste prototipo, aínda que non teñen moitas esperanzas de que, algún día, vehículos como Platero circulen con normalidade.
A pesares das trabas, Platero non deixa de facer un oco á esperanza, e ser un paso máis neste longo camiño cara a igualdade.