OUTES> A tranquila parroquia de Cando, no concello de Outes, vive estes días un clima de tensión tralos enfrontamentos entre o cura e un grupo de veciños. Acúsano de impoñer os horarios, tarifas e demais condicións para os enterros ou prohibir que sexan oficiados por outros curas.
O último episodio denunciado polos veciños tiña lugar hai apenas 15 días cando o párroco negouse a enterrar a un defunto no horario solicitado pola familia.
Non é a primeira vez que acontece algo similar posto que outro veciño denuncia unha situación moi semellante cando faleceu a súa nai hai agora un ano.
Pola súa banda, dende o arcebispado de Santiago emitiron un comunicado aclarando que se respectou en todo momento o dereito de enterramento dos fieis e que é competencia de cada parroquia regular os usos e costumes recaendo sobre o párroco a xestión do cemiterio. Defenden o labor de Antonio Freire á fronte da parroquia e apelan ó diálogo par fomentar un ambiente de cordialidade entre os membros da comunidade parroquial. Pola contra, os veciños din que esta vontade de diálogo dista moito da realidade.










