O paro baixa no mes de xuño

PONTEVEDRA> O paro deixa datos positivos no mes de xuño para a provincia de Pontevedra, 5382 parados menos que no mes anterior. Uns datos que segundo anunciaron dende UXT sempre chegan nos meses de verán coa contratación no sector da Hostelería, industria e contrución. Ainda que segundo o sindicato son resultados enganosos xa que se trata de contratos de curta duracíón para os meses de xuño, xullo e agosto. 

 

5382 persoas menos no paro, eses son os datos positivos que chegan neste mes para a Oficina de Emprego na provincia de Pontevedra.  Segundo analizan dende UXT todos os meses de xuño se repite este dato debido ao aumento nos contratos no sector de hostelería e contrucción. 

Tamén o sector da industria fai que melloren estes resultados do paro no ves de xuño debido aos contratos que se fan para os periodos vacacionais. Dende UXT denuncian xustamente este feito, que os datos do paro son positivos pero débense a este tipo de contratos de curta duración que se fan durante os meses de xuño, xullo e agosto. 

Ademais dende o sindicato tamen denucian o amplo número de parados de longa duración que contiúan sen traballo e non están recibindo ninguna prestación, neste eido demandan dende UXT máis políticas de emprego activas. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/05/repor_datos_paro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/05/repor_datos_paro.mp4{/flowplayer}