As obras da conexión do corredor entre Noia e Lousame dará comezo este ano

    NOIA> A Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, presentou o proxecto de conexión da Vía de Altas Prestacións que unirá Brión con Noia, que facilitará o acceso á capital galega aos veciños de Noia e Lousame. Afirmou que as obras comezarán este mesmo ano. Acompañados de veciños dos dous concellos, a conselleira mantivo unha xuntanza coa alcaldesa de Lousame e o alcalde de Noia. Foi no quilómetro 14 da estrada Augasantas-Noia, que une os dous concellos barbanzáns. O motivo era anunciar que nos vindeiros días comezarán as expropiacións para a construión deste vial, que tal e como afirmou a conselleira, o proxecto terá unha inversión de preto de 1,3 millóns de euros. Trátase da construcción da nova infraestrutura viaria que parte da AC-311, na Fialla,e remata en Portobravo. A alcaldesa de Lousame, María Teresa Villaverde, suliñou a importancia que cobra este vial para os seus veciños. O alcalde de Noia, Santiago Freire, recalcou a mellora que significará no acceso á zona industrial. A conselleira destacou os beneficios o novo trazado para todos os veciños de toda a comarca.