A Xustiza obriga ós xubilados de Rianxo a abandonar o baixo da confraría

    RIANXO> A Xustiza vén de dar a razón á confraría de pescadores de Rianxo sobre o local social dos xubilados. A sentenza outorga ó pósito o dereito de uso destas instalacións xa que son da súa propiedade polo que os actuais usuarios deberán desaloxala. A sentenza obriga ó Club de Xubilados de Rianxo a abandonar os baixos da confraría que dende hai anos veñen utilizando como local social. Deste xeito, a confraría poderá recuperar este local para o que xa se teñen plantexado diversos usos. A sentenza non é firme pero semella improbable a presentación dun recurso. Dende a directiva do pósito entenden o malestar no seo do club de pensionistas por ter que prescindir destas instalacións. Á espera de que Portos execute a sentenza, a intención do pósito é reclamarlle ó ente autonómico danos e prexuízos dos últimos anos nos que a confraría estivo pagando un local do que non podía facer uso.