O aparcamento da Praza de Galicia será gratuíto polas tardes

BOIRO> O executivo local decide ampliar o horario de apertura dos aparcamentos públicos para fomentar así o consumo no comercio e na hostalaría local, unha vez rematado o estado de alarma.

O concello de Boiro pretende ampliar o servizo que prestan os aparcamentos municipais para o comercio e a hostalaría, adaptando os horarios de apertura xa ó horario de verán dos comercios e tamén ó novo horario para a hostalería, unha vez finalizado o estado de alarma. Así o aparcamento municipal da Praza de Galicia estará aberto dende as sete da mañá ata as once da noite de xeito ininterrompido, e  a partir das tres da tarde será gratuíto.

O executivo decidiu tamén que o aparcamento de A Boqueira de A Negral amplíe o seu horario polo que estará aberto dende as dez da mañá ás dez da noite, de xeito totalmente gratuíto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí