Vilanova poderá xestionar o Albergue das Sinas fóra do verán

    VILANOVA> O concello de Vilanova poderá usar o Albergue das Sinas fóra da tempada de verán. Despois de moitos anos de reclamar esta opción, a Xunta concedeu o permiso ao concello local. Unha decisión que hoxe celebraba Gonzalo Durán, que ve nestas instalacións unha opción para suplir o fallido auditorio de O Esteiro, e que incluso non desbota mancomunar o seu uso.

    Quince anos e gobernos de todas as cores pasaron pola Xunta de Galicia, pero ningún foi quen de atender as demandas do concello de Vilanova para o Albergue das Sinas. Agora, o novo conselleiro de Política Social si atendeu ás peticións, e o goberno local poderá dar uso ás instalacións.

    Durante a tempada de verán, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, o albergue seguirá acollendo os campamentos organizados pola Xunta, pero o resto do ano será o concello o que poida enchelo de actividades. De feito, xa ven as instalacións como unha alternativa ao fallido auditorio de O Esteiro.

    O concello comezará xa a traballar para enchelo de actividades. Incluso non desbotan ofrecer o albergue á Mancomunidade do Salnés.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/06/albergue_sinas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/06/albergue_sinas.mp4{/flowplayer}