![]()
VILAGARCÍA> Este mércores tamén estivo no Salnés o Conselleiro de Política Social, concretamente en Vilagarcía de Arousa, onde visitou as instalacións da Asociación de Discapacitados Psíquicos “Con Eles”. Unha visita na que anunciou que a Xunta aumentará en tres máis, as prazas concertadas no centro pasando de 27 a 30.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou este mércores as instalacións do centro de día, que xestiona a Asociación de Discapacitados Psíquicos “Con Eles”. Unha vez alí anunciou que a Xunta aumentará en tres prazas máis as dispoñibles, pasando de 27 a 30.
No caso concreto de “Con Eles”, Política Social incrementou en 2016 en máis dun 11% o presuposto que destina ao financiamento de prazas residenciais diúrnas con respecto ao ano pasado, chegando a máis de 360.000 euros.
Pola súa banda, José Luís Queiruga, voceiro de Con Eles, demandou ao concelleiro a creación dunha residencia para 25 usuarios e solicitarlle o compromiso da Xunta para poder continuar coas obras.
Durante a visita, José Manuel Rey Varela, anunciou que durante esta lexislatura se incrementaron en 1.000 o número de prazas de atención.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/06/conselleiro_con_eles_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/06/conselleiro_con_eles.mp4{/flowplayer}









