Comeza a veda da centola tras unha campaña na que o Grove foi o punto de venda máis importante de Galicia

    O Grove foi o punto de venda máis importante de Galicia xunto co porto da Coruña, chegando ós 759.000 euros, tras despachar 75 toneladas de crustáceo. Son os datos extraídos trala fin de campaña da centola. O pasado sábado comezaba a veda do rei dos mariscos, que se manterá activa ata o próximo 13 de novembro. Desde as cero horas do sábado a centola está oficialmente en veda nas provincias da Coruña e Pontevedra, e non poderá pescarse nin comercializarse ata o 13 de novembro. Esta campaña da centola deixa en Galicia cifras récord nas lonxas no tocante ós ingresos, superando os 3,54 millóns de euros, o mellor datos dos últimos 16 anos na comunidade. Uns prezos elevados, compensaron unha baixada nas descargas. As 246 toneladas de produto, supón un 21 por cento menos que hai un ano. E se falamos de cifras, no caso da centola, temos que falar do Grove. No peirao meco, o principal da provincia, a centola marcou un prezo máximo de 45,5 euros por kilo. Neste porto, ingresaron desde que comezou a campaña, o pasado novembro, 736.000 euros pola venda de 39 toneladas de crustáceo, repetindo unha vez máis como o punto de venda máis importantes de Galicia, xunta ó porto da Coruña, que chegou a 759.000 euros tras despachar 75 tonaledas.Tamén caben destacar as cifras do porto de Ribeira, os 490.000 euros que deron de sí as 35 toneladas capturadas. Ou Cambados, que pecha a lista das cinco principais lonxas, chegando ós 329,000 euros coas súas 17 toneladas. Estes son datos dunha campaña que remata. a partir das cero horas do luns 13 de novembro, volverá o marcador a cero e a centola volverá verse nas nosas lonxas.