O IES Francisco Asorey contará con 7 aulas máis

    CAMBADOS> A Consellería de Educación iniciará este mesmo ano a primeira fase de ampliación do IES Francisco Asorey, cun investimento que supera os 250.000 euros neste exercicio, dentro dun proxecto de reforma que acada un investimento total de máis dun millón de euros. 

     

    O IES Francisco Asorey de Cambados iniciará o vindeiro curso con 7 novas aulas, en vista, nas que se impartirá a FP Básica e os ciclos formativos profesionais da LOMCE, que aumentarán as súas horas lectivas ata as 2.000. 

    A Consellería iniciará está primeira fase das obras de ampliación cun investimento de máis de 250.000 euros, dentro dun proxecto que acadará un investimento de máis de un millón de euros. 

    Así o anunciou o propio conselleiro nunha visita que fixo este mércores ao centro cambadés. O departamento autonómico está ultimando a supervisión do proxecto coa idea de licitar as obras este mesmo mes de xullo e comezar os traballos unha vez iniciado o curso, aínda que en ningún caso interferirán no normal desenvolvemento das clases.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/06/conselleiro_ies_asorey_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/06/conselleiro_ies_asorey.mp4{/flowplayer}