RIBEIRA> Por sexto ano consecutivo o Club Náutico e Deportivo de Ribeira organiza a Volta a Sálvora-Regata Congalsa. A proba reunirá este sábado ó redor dunhas vinte embarcacións pertencentes a distintos clubs da zona. Os grupos en competición serán: regata, cruceiro-regata e cruceiro, contemplándose varios percorridos dependendo da metereoloxía prevista para esa xornada. A regata volverá a contar co patrocinio da empresa Congalsa, que un ano máis mostra o seu compromiso con este tipo de probas deportivas. A competición arrancará ó redor das dúas da tarde e a entrega de trofeos está prevista para as sete nas propias instalacións do náutico ribeirense.
Inicio Barbanza - Muros - Noia