Mar anuncia a licitación das obras para dotar de pantaláns ó porto de Cabo

    BOIRO> A construción dos pantaláns para embarcacións pesqueiras e bateeiras en Cabo de Cruz será por fin unha realidade. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciaba que as obras atópanse actualmente en proceso de licitación e poderían dar comezo xa a principios de ano. Preto dos oito millóns de euros. Este é o investimento total que destinará a consellería do Mar a dúas obras portuarias en Cabo de Cruz. o aunncio foi realizado pola propia titular de Mar, Rosa Quintana, durante unha visita ó peirao da localidade. A primeira das actuacións, por un importe duns setecentos mil euros, prevé a construción de pantaláns para embarcacións menores. O proxecto xa saíu a licitación a pasada semana, polo que as obras poderían iniciarse xa a principios de ano. Esta obra terá continuidade tamén coa construción dun dique flotante na parte máis exposta da dársena que será destinado ó atraque de barcos mexilloeiros. Nesta última actuación a Xunta prevé investir preto dos sete millóns de euros. As dúas actuacións foron amplamente demandada polo sector profesional deste porto, xurdidas xa a raíz das obras de construción da nova dérsena hai xa varios anos e que aínda non fora atendida. A primeira das actuacións previstas permitirá crear unhas 125 prazas de amarre para embarcacións de esloras de ata 10 metros, e a segunda incluirá unhas 139 prazas para esloras de maior tamaño.