OUTES> O alcalde de Outes, Manuel González, foi o encargado de presidir este pasado sábado o Xantar da Terceira Idade organizado polo Concello. El foi o encargado de darlle a benvida ós máis de seiscentos maiores que se deron cita no pavillón municipal da Serra para disfrutar dunha xornada festiva. E vaia se o foi. Había moitas ganas de reencontrarse, despois de dous anos de parón debido á pandemia.
Os asistentes tiveron ocasión de degustar un menú do máis completo, que se prolongou posteriormente ó xantar, cunha animada sobremesa de música e baile amenizada pola coñecida cantante Pili Pampín.