O pleno de Ribeira aproba por unanimidade o III Plan de Igualdade

RIBEIRA> A corporación municipal de Ribeira aprobou por unanimidade o terceiro Plan de Igualdade do concello. Trátase dun programa transversal no que participarán tódolos departamentos municipal en colaboración coa sociedade.

Coa posta en marcha deste plan, a igualdade estará presente en tódalas accións a desenvolver polo concello dende os distintos departamentos municipal. A transversalidade é precisamente a característica máis destacada deste programa.

Ademais das accións encamiñadas a eliminar a violencia e desigualdade por razón de xénero e promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, este plan incidirá na formación con actividades dirixidas a técnicos e responsables municipais. Este terceiro plan estará vixente por un período de cinco anos, ata o 2023.