![]()
VILANOVA> Vilanova estrea o seu programa das “Sonatas do Verán”. Gonzalo Durán recoñeceu estar xa a traballar na posibilidade de crear unha programación deste tipo tamén para a tempada de inverno.
Maxia na rúa, danza ou teatro son algunhas das actividades que se poderán atopar en Vilanova dende este venres e durante o verán. Sen ir máis lonxe esta fin de semana celebrarase o VII Encontro de Palilleiras.
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán aproveitou a súa comparecencia para recoñecer que este ano si se celebrará o Mercado de Comerciantes.
Unha programación estival, na que hai novas festas, ca que dende o concello se pretende estender a oferta sociocultural da vila durante os meses de xullo e agosto. Por outra banda, Gonzalo Durán aproveitou para presentar un novo curso, que se está a impartir en Vista Real. Nesta ocasión, impártese un curso de deseño, patronaxe e confección. Unha formación ca que se pretende conseguir encher un vacío profesional, moi demandado nos últimos anos. O curso estase a impartir durante os meses de xullo e agosto, pero non se descarta continuar con el ao longo do ano.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/08/novedades_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/08/novedades_vilanova.mp4{/flowplayer}







