Ravella remitirá toda a documentación do Pxom a vindeira semana

    VILAGARCÍA> O PXOM de Vilagarcía avanza a bo ritmo. Isto é o que manifestou o alcalde da vila Alberto Varela, despois de manter unha reunión cos grupos da oposición, na que se presentou o contido da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A este encontro entre goberno e oposición sumáronse membros do equipo redactor do planeamento urbanístico pertencentes a Etipsa e técnicos do concello. A aprobación do Pxom de Vilagarcía, está máis cerca. Este xoves membros dos grupos da oposición reuníronse no concello co Alcalde Aberto Varela e a edil de Urbanismo, Paola María. O motivo non era outro que presentar o contido da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, na que estiveron presentes redactores de Etipsa, empresa encargada da redacción do mesmo, e técnicos municipais. Varela sinalou en rolda de prensa posterior ao encontro, que todos os grupos se mostran dispostos a traballar a prol do documento urbanístico. O plan de Ordenación Municipal no que se está a traballar estaría vixente ata o 2035, e establecería unha cidade sen centros comerciais, unha reordenación do chan dedicado a uso residencial e empresarial, e tamén contemplaría a ampliación do polígono do Pousadoiro. Pero isto non é todo, o concello deberá aumentar en 300.000 metros cadrados a súa superficie de zonas verdes. Non será ata a vindeira semana cando o concello envíe toda a documentación necesaria a Xunta de Galicia para dar un paso máis no proceso de aprobación do PXOM vilagarcián, que ademais suporá un crecemento global de máis de 9.500 novas vivendas no municipio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/pxom_ravella_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/pxom_ravella_vilagarcia.mp4{/flowplayer}