O PP celebra un almorzo informativo en Sanxenxo para coñecer as inquedanzas dos colectivos da vila

SANXENXO> O Partido Popular mantivo esta mañá en Sanxenxo un almorzo con diferentes colectivos da vila. No acto, o alcalde Telmo Martín e os candidatos ao congreso e o senado da formación escoitaron as preocupacións dos asistentes. María Ramallo e Javier Guerra compartiron as súas propostas electorais para o 10 n.

O PP de Sanxenxo organizou un almorzo informativo ao que asistiron os membros do goberno local, os candidatos da formación ao congreso e ao senado e diferentes asociacións da vila. O acto serviu para que os presentes trasladasen as súas preocupacións aos políticos.

Para a candidata do PP ao congreso, María Ramallo, estes encontros permiten chegar a máis xente

Os presentes fixeron preguntas sobre diversos temas: Sanidade, asistencia, educación ou deporte. Para Javier Guerra estes actos son importantes para poder levar a nivel estatal as inquedanzas de tódolos colectivos.

Tanto Ramallo como Guerra recordaron que eles proveñen da política local. Por elo, defenden unha maneira de traballar falando coa xente, escoitándoa e respondendo aos seus problemas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí