A maioría dos noieses comparte a peonalización do casco histórico

    NOIA> O executivo noiés decidiu intensificar nas últimas semanas o control dos vehículos na zona. Pasou xa máis dun ano desde que o goberno de Noia aprobase unha ordenanza que restrinxe o paso de vehículos ao casco histórico, pero ata o momento non chegara a aplicarse. O obxectivo é preservar estar rúas dos fumes e do tránsito de vehículos para peatonalizalas, e Entre a hostelería, a maior parte está favor da peonalización, e entre os veciños hai diversidade de opinións. Aínda que moitos o ven positivo para a súa vila, hai quen o ve negativo para o aparcamento. De momento o que se está a facer é advertir aos condutores de que se aparcan nos lugares restrinxidos están incumplindo a norma, e polo tanto, exponiéndose ás sancións econócmias previstas na normativa.