Os futboleiros teñen unha cita no Campus do Celta en Vilagarcía

    O Club Vilagarcía e a Fundación Celta de Vigo presentaron, este venres, o Campus de verán Celta de Vigo, que se celebrará na capital arousá dende o 1 ao 5 de xullo. 

     

    Representantes do Club Vilagarcía e da Fundación Celta de Vigo, xunto concelleiro Argimiro Serén, presentaron esta mañá aos medios o Campus de Verán Celta de Vigo que se celebrará durante os primeiros cinco días de agosto en Vilagarcía. 

    Esta é a cuarta edición desta actividade, na que o ano pasado se inscribiron uns 50 rapaces. Os monitores ensinarán  as metodoloxías futbolísticas, que levaron as categorías inferiores do Celta de Vigo, a ser nomeadas polo Consello Superior de Deportes, a mellor canteira de España. 

    O campus celebrarase no campo municipal de Berdón. Ademais os participantes recibirán unha equipación do Celta, formada por camiseta, pantalón e medias, dunha coñecida marca deportiva. As inscricións custarán ao público en xeral 130 euros, e os participantes que pertenzan ao club deportivo Vilagarcía terán un pequeno desconto, pagando 115 euros.  

    . {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/08/ptac_campus_celta_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/08/ptac_campus_celta_villa.mp4{/flowplayer}