Máis dun cento de postos participarán na V Feira Celta de Porto do Son

    PORTO DO SON> Un total de 110 postos conformarán este ano a Feira Celta de Porto do Son. A cita, xa consolidada no calendario festivo da comarca, terá lugar a seguinte fin de semana, do 29 ó 31 de xullo. A organización, nesta quinta edición, corre a cargo da empresa especializada Balconet, firma que xa se encargou da realizada o ano pasado. Porto do Son regresará ó seu pasado coa quinta edición da feira Celta. A cita xa consolidada no calendario festivo da comarca será a fin de semana do 29 ó 31 de xullo. O número de postos verase incrementado con respecto á anteriores edicións chegando ós 110. A feira abrirá as súas portas o venres día 29 ás cinco da tarde. A partir de entón, desenvolveranse numerosas actividades e espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. Dende o Concello animan ós veciños e visitantes a sumarse á feira e mesturarse no espírito celta que durante os tres días inundará a vila sonense.