BARBANZA> Encher esta semana o depósito custa 8 euros menos que o ano pasado por estas datas.A baixada dos carburantes respecto de anteriores épocas estivais é unha boa nova para aqueles que escollen o coche para ir ao seu destino de vacacións, non obstante, algúns usuarios consideran escasa a baixada. En pleno comezo desta ponte de verán, son moitos os que agradecerán que a suba habitual destas datas na gasolina, este ano, non sexa tal. O prezo medio do litro de gasolina sitúase nos 1,184 euros, cando hai un ano era de 1,325. No caso do gasóleo os usuarios estánse aforrando tamén case 6 euros. Esta baixada déixase ver tamén nas estacións do Barbanza. Pero este descenso dos prezos, para moitos dos condutores, non é suficiente. E parece que a situación manteráse. Dada a evolución da cotización do petróleo, non se prevén fortes subas do combustible nas vindeiras semanas.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









