O Boiro estrearase en Segunda B fronte ó Lealtad

    BOIRO> O Club Deportivo Boiro xa coñece rival para a súa estrea na 2ªB. Será o Lealtad. O equipo asturiano visitará Barraña o 21 de agosto, data prevista para o inicio da competición. O primeiro rival do Boiro na 2ªB será o Lealtad asturiano que visitará o municipal de Barraña o 21 de agosto. Trátase dun rival complicado, gran coñecedor da categoría que rematou décimo a pasada campaña. O arranque ligueiro para o Boiro será a priori sinxelo. Ademais do Lealtad xogará contra o Valladolid B, Osasuna B e Tudelano. Para o primeiro derbi galego do Boiro EN Barraña haberá que agardar. Será o dous de outubro contra o Somozas. Á semana seguinte desprazarase a Coruxo, o 27 de novembro enfrontarase ó Celta B e o 4 de decembro visitará Pasarón para xogar contra o Pontevedra. Unha semana máis tarde recibirán en Boiro a outro dos rivais galegos, o Racing de Ferrol, un dos ‘gallitos’ da categoría.