Deputación e motoristas consensúan a colocación de sistemas de protección

    moteiros100_071108.jpgPONTEVEDRA > As novas barreiras de protección para motoristas parece que funcionan. Así o afirma a Plataforma de Moteros por la Seguridad Vial, …

    {flowplayer}images/salnes/moteiros.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > As novas barreiras de protección para motoristas parece que funcionan. Así o afirma a Plataforma de Moteros por la Seguridad Vial, que onte á tarde se reuniu co presidente da Deputación de Pontevedra xunto a outros clubs do Salnés e Barbanza.

    Manuel Picón, presidente da plataforma, indicou que sistemas como a dobre vionda colocada pola Deputación na estrada Carracedo – Catoira, están a ser efectivos á hora de mitigar os danos dun accidente de moto. Nesta reunión, motoristas e Deputación continúan os seus contactos para acordar conxuntamente a colocación de novos dispositivos de protección. Louzán lembrou que este ano xa dedicou un millón de euros a esta actuación, primeiro na estrada Carracedo – Catoira e agora pretende continualo noutros tres tramos, un deles na estrada de Armenteira.

    Os motoristas agradeceron o respaldo da Deputación ás súas reivindicacións e lamentaron que outras institucións non consulten con eles ou calquera outro experto antes de colocar os sistemas de protección. A plataforma de moteros levará a súa protesta contra os gardarraís convencionais a Madrid. Mañá teñen convocada unha concentración no Santiago Berbabeu ás dúas da tarde. Desde Pontevedra sairá unha comitiva ás seis da mañá desde a praza de Barcelos.

    Redacción Salnés