Ricardo Dávila doa unha escultura de Valle-Inclán ó museo do autor

    POBRA> Unha nova escultura cedida polo artista Ricardo Dávila presidirá a sala Bradomín do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Trátase dunha representación do alter-ego do célebre escritor e protagonista das súas Sonatas. O artista Ricardo Dávila naceu na Pobra e aquí vivíu ata os dezaseis anos, onde segue veraneando. É pola súa vinculación coa vila, que o Museo Valle-INclán propúxolle unha colaboración. Él non o dubidou, e decidíu realizar esta escultura do Marqués de Bradomín, ao tempo que relía a Sonata de Outono. A peza xa ten o seu lugar reservado no museo. O director aproveitou tamén para anunciar “A peza do mes”, unha nova iniciativa que pretende chamar a atención, cada mes, dunha das pezas de depósito do museo para achegala aos pobrenses.