Os eurodeputados de Alianza Libre Europea visitan Pontevedra

     PONTEVEDRA> Compartiron mesa e mantel co alcalde Fernández Lores, para logo realizar un paseo pola cidade.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaAlianzaLIbre_220213.flv{/flowplayer} 

    Os eurodeputados Ian Hughton, de Escocia, a galesa Jill Evans e o corso Francoise Alfonsi estiveron hoxe de visita en Pontevedra, onde foron acollidos polo alcalde Fernández Lores e tamén deputada en Bruxelas polo BNG, Ana Miranda.

    Esta visita enmárcase dentro dunha xira que están a facer polas principais cidades galegas na que comparten experiencias con representantes do Bloque Nacionalista Galego. De Pontevedra destacaron a beleza do seu caso vello e o sinxelo que é moverse por ela, algo polo que a cidade xa foi premiada co galardón Intermodes que outorga a UE. 

    Tódolos representantes da Alianza Libre Europea coincidiron no instructivas que son estas viaxes, idóneas para establecer contacto con partidos doutros países que comparten unha mesma ideoloxía. Din que ser nacionalista e europeísta é posible.

    Redacción Salnés