Asteleiros Triñanes álzase co Dolmen de Ouro 2009

    galadolmen2009_12102009.jpgBOIRO> Canda Asteleiros Triñanes tamen foron premiadas outras once empresas cun dolmen local nunha gala caracterizada por varios unha intensa emotividade.

    O restaurante Chicolino de Boiro, acolleu o acto de entrega destes prestixiosos premios empresariais, que acadan xa a súa vixesimoprimeira edición.

    O Dolmen de Ouro, o segredo mellor gardado ata este momento, recaeu na empresa Asteleiros Triñanes, galardoada polos seus trinta anos de historia e por saber mesturar un traballo artesán como o da carpinteria de ribeira coas novas tecnolóxicas sen descoidar o fomento do emprego e o respecto do medio ambiente.

    Emotiva dedicatoria

    O xerente da empresa, Xerardo Triñanes, agradeceu no seu nome propio e no de todos os premiados, este recoñecemento. Tivo palabras de apoio para todos os empresarios que atravesan dificultades nestes momentos de recesión económica. Adicou o premio a súa dona, a súa familia e os seus clientes, e especialmente a memoria do seu pai.

    {flowplayer}barbanza/galadolmen.flv{/flowplayer}

    Once premiados

    A presentadora desta casa, Bibiana Villaverde, foi a encargada de conducir a gala e nomear aos premiados desta edición, un por cada entidade empresarial integrada na Federación.

    Así, en Carnota resultou premiado o restaurante A Casa da Crega, en Muros, Efectos Navais O Redero, en Rianxo conservas Manuel Vicente Mosquera e Hijos e en Outes Comercial Emi.

    A patronal de Ribeira premiou a dedicación ao traballo da empresa de Autobuses Hermanos Ferrín, na Pobra resultou agracida a empresa Peritajes Caramés, Instalación Arcos en Mazaricos e o elexido polo Centro Empresarial da Construción foi a empresa Construccións Xuño.

    Os restantes premiados foron Construcciones Ces de Noia, a empresa Queiruga San Pedro Antonio de Porto do Son e o restaurante a Casa dos Martinez de Padrón.

    Apoio a J.J. Chicolino

    Nos discursos houbo verbas de apoio a Juan Jose Fajardo, propietario da empresa JJ Chicolino, arrasada recentemente por un incendio. Malia que el non acudiu a gala por atoparse de viaxe, si estiveron os seus familiares que agradeceron estas mostras de cariño e ánimo.

    Pola súa banda, a presidenta da Federación, Galdys Bermúdez que pediu máis apoios para o empresariado por parte das Administracións e esixiu o cumplimento dos compromisos de dotar a comarca de novas infraestruturas para evitar o estancamento do desenvolvemento económico.

    Como recollendo esta demanda, tanto o subdelegado do Goberno como o Conselleiro da Presidencia lles trasladaron aos presentes o acordo de máis investimentos e o favorecemento de novas iniciativas empresariais.

    O alcalde de Boiro, cun discurso máis emotivo que institucional, subliñou a unidade do empresariado da comarca, disposto a botar unha man nos momento difíciles, que quedou demostrado a hora de afrontar situacións dramáticas como o incendio da factoria Chicolino.

    Tras a gala, os asistentes gozaron cunha cea baixo os acordes da música do cuarteto “Provenza”.

    Redacción Barbanza